xoves, 22 de marzo de 2018

"ROBOT DANCE" un proxecto europeo


O noso centro participa nun proxecto europeo Erasmus+ relacionado coa robótica xunto cos centros CPI A Xunqueira de Fene e IES Sofía Casanova de Ferrol.
O proxecto consiste en compartir experiencias sobre a integración da robótica e das competencias STEM nas aulas de primaria e secundaria con centros de Kuopio, Finlandia, e Cardiff, Gales. Como produto final faremos bailar os nosos robots de Lego ao mesmo tempo en todos os centros dos tres países.
A primeira toma de contacto entre os participantes de todos os países tivo lugar en Finlandia en novembro de 2017. A próxima será en Cardiff en xuño de 2018. O proxecto está previsto que dure tres cursos e no último curso hai a posibilidade de participación de alumnos.

Gustaríanos coñecer a opinión do alumnado do centro sobre temas relacionados coa introdución das novas tecnoloxías e da robótica na aula.
Clicade no seguinte enlace para cubrir o cuestionario:
Moitas gracias por colaborar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario