mércores, 27 de abril de 2016

2º PREMIO NO VIII CONCURSO DE ROBÓTICA DE IGACIENCIA

Finalmente o grupo de alumnos de 1ºESO que participa no taller de robótica do centro, Daniel Fernández, Daniel Rodríguez Duró, Alejandro Castrillón, José Luis Fachal e Diego Fernández chegaron á final de robótica!! Despois de toda unha mañá resolvendo os retos prantexados acadaron un 2º premio tras ser únicamente superados polos alumnos do CPI Atios de Valdoviño.




 A NOSA NORABOA!!!

O premio foi un set completo de LEGO WE-DO. Moitas gracias á organización de IGACIENCIA e ao patrocinador A FUNDACIÓN BARRIÉ.

Na prensa:

 http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2016/04/27/pequenos-padres-robots/1064174.html

xoves, 21 de abril de 2016

VIII CONCURSO DE ROBÓTICA DE IGACIENCIA

Este mes de Abril celebrouse o VIII Concurso de Robótica de Igaciencia en dúas sedes Vigo e A Coruña. O noso centro acudiu o mércores 20 de abril cos alumnos de 6º de primaria do taller de robótica e todos os alumnos de 1ºESO. Un grupo de alumnos de 1ºESO do taller de robótica acadou unha puntuación de 27 puntos e outro grupo de 6º de primaria un total de 22 puntos.



Agora debemos esperar aos resultados dos outros centros de A Coruña e Vigo para ver se nos clasificamos para a final!