mércores, 28 de setembro de 2016

OBRADOIRO DE ROBÓTICA 2016-17

Esta presentación resume os obxectivos e a metodoloxía deste obradoiro de robótica:


O noso primeiro reto será preparar a First Lego League 2017!!

Desafío Animal Allies 2017

xoves, 19 de maio de 2016

DIA DA CIENCIA 2016

Este xoves 5 de maio celebramos no cole o Día da Ciencia. Dende o noso taller de robótica preparamos unha presentación dos traballados levados a cabo este curso. A nosa presentación é a seguinte:

Aquí tedes o vídeo con todas as exposicións do Día da Ciencia, todas elas moi interesantes. Ao final do vídeo os participantes no taller de robótica deste curso expoñenos seus proxectos:

venres, 13 de maio de 2016

ESTUDO DO MRU NA CLASE DE FÍSICA CO ROBOT EV3

Gracias ao módulo de datalogging do EV3 podemos estudar a gráfica e a táboa de valores xerada por un móvil, en este caso o EV3, cun movomento rectilíneo uniforme, MRU. Posteriormente os alumnos de 4ºESO de Física e Química analizaron a recta cunha folla de cálculo para detectar pequenas desviacións e calcular a velocidade.

 





mércores, 27 de abril de 2016

2º PREMIO NO VIII CONCURSO DE ROBÓTICA DE IGACIENCIA

Finalmente o grupo de alumnos de 1ºESO que participa no taller de robótica do centro, Daniel Fernández, Daniel Rodríguez Duró, Alejandro Castrillón, José Luis Fachal e Diego Fernández chegaron á final de robótica!! Despois de toda unha mañá resolvendo os retos prantexados acadaron un 2º premio tras ser únicamente superados polos alumnos do CPI Atios de Valdoviño.




 A NOSA NORABOA!!!

O premio foi un set completo de LEGO WE-DO. Moitas gracias á organización de IGACIENCIA e ao patrocinador A FUNDACIÓN BARRIÉ.

Na prensa:

 http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2016/04/27/pequenos-padres-robots/1064174.html

xoves, 21 de abril de 2016

VIII CONCURSO DE ROBÓTICA DE IGACIENCIA

Este mes de Abril celebrouse o VIII Concurso de Robótica de Igaciencia en dúas sedes Vigo e A Coruña. O noso centro acudiu o mércores 20 de abril cos alumnos de 6º de primaria do taller de robótica e todos os alumnos de 1ºESO. Un grupo de alumnos de 1ºESO do taller de robótica acadou unha puntuación de 27 puntos e outro grupo de 6º de primaria un total de 22 puntos.



Agora debemos esperar aos resultados dos outros centros de A Coruña e Vigo para ver se nos clasificamos para a final!

xoves, 10 de marzo de 2016

ROBOT SIGUELINEAS CON ARDUINO

Este curso 2015-16 estamos decididos a construir o noso propio robot co Arduino Starter Kit que gañou o equipo formado por Yaré, Samaín, Xabi e Antón, no concurso de sensores de Igaciencia. Estamos intentando acoplarlle motores de corrente continua e para iso precisamos montar unha ponte H coa estamos a atopar dificultades. Estas fotos mostran a evolución do proxecto ata o momento: