luns, 2 de marzo de 2015

MISIÓNS PREPARADAS PARA A FLL

Misións programadas para a competición da First Lego League celebrada en Ferrol o 28 de febreiro de 2015, onde o noso equipo Sansabotics obtivo o premio ao emprendemento.

Os nosos programas estaban basados nos sensores de cor mentres que na sala de competición había moi pouca luz o que dificultou, xunto cos nervios, a realización das misións.

Na fase de presentación fronte aos xuíces sí funcionaron e os nosos alumnos demostraron que tiñan traballado moito e coñecián perfectamente os programas.