martes, 6 de outubro de 2015

Concurso de Robótica Escolar OSHWDem2015

Comezamos o curso 2015-16 buscando novos retos e atopamos este que nos parece moi interesante. Atreverémonos a participar?

http://oshwdem.org/que-es/

xoves, 25 de xuño de 2015

FIRST LEGO LEAGUE 2015-16

Na convocatoria da First Lego League 2015-16 aparece o equipo Sansabotics participando na edición anterior. Preme na imaxe para descargarte o arquivo da edición 2015-16:

First Lego League 2015-16

luns, 2 de marzo de 2015

MISIÓNS PREPARADAS PARA A FLL

Misións programadas para a competición da First Lego League celebrada en Ferrol o 28 de febreiro de 2015, onde o noso equipo Sansabotics obtivo o premio ao emprendemento.

Os nosos programas estaban basados nos sensores de cor mentres que na sala de competición había moi pouca luz o que dificultou, xunto cos nervios, a realización das misións.

Na fase de presentación fronte aos xuíces sí funcionaron e os nosos alumnos demostraron que tiñan traballado moito e coñecián perfectamente os programas.

sábado, 28 de febreiro de 2015

PARTICIPACIÓN NA FLL ORGANIZADA POLA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA O 28 DE FEBREIRO DO 2015


O departamento de Robótica da Escola de Enxeñería Industrial de Ferrol organiza por primeira vez a competición de Lego para estudiantes non universitarios.

Dez alumnos escollidos entre os participantes no taller de robótica foron os encargados de defender os traballos presentados.

O Concello de San Sadurniño patrocina ao noso equipo pagando a inscripción ao concurso.

Para máis información: http://www.firstlegoleague.es/index.php/es/fll/el-desafio-fll


Finalmente obtuvimos o premio ao emprendemento pero a mañá foi moi intensa!


O concurso estaba dividido en varias probas: