mércores, 1 de outubro de 2014

BENVIDOS AO BLOG DO TALLER DE ROBÓTICA DO CPI SAN SADURNIÑO

O taller de robótica do CPI San Sadurniño é unha actividade extraescolar ofertada polo centro aos alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria e a todos os alumnos de secundaria. Reunímonos no tempo de lecer do mediodia mentres esperamos o noso turno no comedor escolar ou o comezo das clases da tarde.

Este taller comezou a súa andadura o curso 2013-14, concebido como un tempo para aprender en equipo onde os profesores actúan só como guias do aprendizaxe.

O obxectivo é que os alumnos aprendan e traballen autonomamente, utilicen as novas tecnoloxías, saiban expoñer os seus coñecemos, reflexionen sobre os erros e perseveren na busca de solucións.

Nesta curta traxectoria xa temos recibido tres premios, queremos contar aqui a nosa historia e os nosos plans de futuro.

Este é o proxecto deste curso: