xoves, 18 de decembro de 2014

ESTUDIO DO SIGUELÍNEAS NO TALLER DO CENTRO

Os alumnos que repiten este ano no taller xa están facendo estudios máis específicos sobre siguelíneas e o giróscopo.



venres, 12 de decembro de 2014

PREMIO NO CONCURSO DE IGACIENCIA SOBRE SENSORES

Os alumnos Antón Castro, Yaré García, Xabier Fonseca e Samaín Soto recibirán o venres 12 o premio de IGACIENCIA de Sensores co traballo de estudio do movemento do péndulo co robot EV3 e a técnica de datalogging.

Na presentación resúmese o proxecto:


concurso na páxina web de Igaciencia.

venres, 21 de novembro de 2014

CURSO SOBRE SENSORES ORGANIZADO POR IGACIENCIA

O venres 21 de novembro de 2014 os alumnos de 2ºESO do centro asistiron a un curso sobre sensores organizado por IGACIENCIA en Lugo con motivo da Semana da Ciencia:

http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=content/participaci%C3%B3n-no-obradoiro-de-sensores

mércores, 1 de outubro de 2014

BENVIDOS AO BLOG DO TALLER DE ROBÓTICA DO CPI SAN SADURNIÑO

O taller de robótica do CPI San Sadurniño é unha actividade extraescolar ofertada polo centro aos alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria e a todos os alumnos de secundaria. Reunímonos no tempo de lecer do mediodia mentres esperamos o noso turno no comedor escolar ou o comezo das clases da tarde.

Este taller comezou a súa andadura o curso 2013-14, concebido como un tempo para aprender en equipo onde os profesores actúan só como guias do aprendizaxe.

O obxectivo é que os alumnos aprendan e traballen autonomamente, utilicen as novas tecnoloxías, saiban expoñer os seus coñecemos, reflexionen sobre os erros e perseveren na busca de solucións.

Nesta curta traxectoria xa temos recibido tres premios, queremos contar aqui a nosa historia e os nosos plans de futuro.

Este é o proxecto deste curso:

xoves, 24 de abril de 2014

DIA DA CIENCIA 2014 NO CPI SAN SADURNIÑO

O xoves 24 de abril para alumnos e profesores do centro e o domingo 27 de abril para o público en xeral celebramos o Dia da Ciencia con exhibición dos diferentes proxectos científicos que se desenvolveron durante o curso.

Entre eles o taller de robótica mostrou os avances realizados mostrando un reto relacionado co espacio:


Cartel de presentación do taller de robótica

xoves, 13 de febreiro de 2014

PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE EDUCA-BARRIÉ ORGANIZADO POR IGACIENCIA

O 13 de febreiro de 2014 alumnos de 1º e 2º ESO do CPI San Sadurniño participaron no concurso-obradoiro de robótica organizado por Igaciencia na Fundación Educa-Barrié.
Un dos grupos de alumnos obtivo o premio na súa categoría. Todos eles aproveitaron este achegamento á robótica a través do robot NXT de Lego.